Arbusto que pode chegar ata os 2 m de altura. As ramiñas son flexibles e percorridas lonxitudinalmente por costelas (6-8) en forma de T, cando son novas están cubertas de pelos finos e curtos e despois son glabrescentes (sen pelos). Especie de luz indicadora de solos secos, acedos e pobres en nitróxeno.
Familia: Leguminosae
Xénero: Cytisus
Distribución: Especie endémica da metade occidental da Península Ibérica. Dende os 100 ata os 1.500 m de altitude. Frecuente en Galicia.
Follas: simples e linear-lanceoladas cando se sitúan na parte superior das ramas e trifoliadas cando están na parte inferior. Follas ben desenvolvidas só despois da floración.
Flores: de cor branca e dispostas nun racimo, zigomorfas (en bolboreta), con estilo arqueado. Florece de marzo a xuño.
Froito: legume aplanada e negruzca ao madurar, recuberta de pelos pero non tan densos como en C. striatus.
Observacións: Antigamente utilizábase para facer vasoiras e como combustible para acender os fornos, as lareiras e as cociñas de leña. O seu nome “multiflorus” fai referencia ao gran número de flores que presenta na época de floración, por iso é moi utilizada como planta ornamental. Utlizouse como cama de gando nas cortes co fin de proveer esterco.