Unha delegación de empresarios cataláns visitan o edificio Impulso Verde
O pasado luns 19 de setembro unha delegación de empresarios cataláns visitou as instalacións do edificio Impulso Verde, no marco das actividades para dar a coñecer a Estratexia “Lugo Transforma”.
A visita ao Concello, no que a delegación foi recibida pola alcaldesa Lara Méndez, estivo encabezada polo rexedor do Distrito de Nou Barris, Xavier Marcé, os representantes das asociacións San Froilán BCN, Enxebre Xuntanza do Percebe, Territorio Verde e Amega, a Asociación Mundial de Empresarios Gallegos, Skal Internacional BCN Turismo, Aegacat, a Asociación de Empresarios Gallegos de Catalunya, Área 8, a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid e a Xuntanza de Asociaciones Culturales Gallegas en Catalunya e Clúster Audiovisual de Girona. Ao longo do día puideron coñecer os avances acadados dentro do Lugo Transforma e os avances no desenvolvemento económico da cidade sempre coa loita contra o cambio climático como eixo.
Durante o encontro, a alcaldesa lembrou que Lugo é, xunto a Cuenca e Barcelona, un dos tres concellos pioneiros en impulsar a creación da Rede Española de Edificación con Madeira Maciza Industrializada, Mass Madera, que foi presentada este verán. Unha plataforma que ten por obxectivo tecer redes colaborativas que axuden a acelerar o uso da madeira como solución á redución de emisións asociadas co sector da edificación.
O encontro rematou cunha visita guiada ao edificio Impulso Verde, emblema do que será o Barrio Multiecolóxico do LIFE Lugo + Biodinámico, que se constrúe con madeira galega. Todas as imaxes da visita están dispoñibles nesta galería: