Segunda reunión dos comités de dirección e de xestión e seguimento do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, que favorecerá o urbanismo sustentable
Entre os diferentes asuntos tratados, deuse luz verde ás normas de funcionamento que rexerán estes órganos, e avanzouse na definición do proceso de contratación da xerencia do plan e do seu sistema de difusión.
O proxecto, de 3,5 millóns de euros, está financiado con fondos europeos LIFE, e foi conseguido polo Concello de Lugo no ano 2015. Grazas a el, desenvolveranse no próximos catro anos novas iniciativas en favor dun urbanismo sustentable e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel local e provincial. Os comités de dirección e de xestión e seguimento do proxecto Lugo+Biodinámico mantiveron unha reunión este venres no salón de plenos do Concello. Nesta sesión, incorporouse como membro do comité de dirección a unha persoa representante da Universidade Politécnica de Madrid, que, como socio beneficiario do proxecto, explicou a planificación do futuro barrio multiecolóxico, facendo fincapé na posibilidade de realizar hortos urbanos en altura.
Entre os diferentes asuntos tratados, tamén se deu luz verde ás normas de funcionamento que rexerán estes órganos, e avanzouse na definición do proceso de contratación da xerencia do plan e do seu sistema de difusión.
Composición dos comités
O comité de dirección de Lugo+Biodinámico está presidido pola Alcaldesa, Lara Méndez, e del forman parte o propio Concelleiro de Desenvolvemento Sustentable e as de Economía, Benestar Social e Cultura, Ana Prieto, Ana González Abelleira e Carmen Basadre, respectivamente, ademais dunha persoa representante da Deputación, da USC, da Universidade Politécnica de Madrid, dúas representantes de EVISLUSA (Empresa Municipal de Vivenda e Solo), e unha ou un funcionario que exerce o labor de secretaría. O comité de seguimento está composto por Daniel Piñeiro e, igualmente, por representantes da Deputación, da USC, da UPM e de EVISLUSA.
Fonte: Concello de Lugo