Replicabilidade

O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico quere contribuír a desenvolver unha estratexia de planificación urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático a escala de barrio ou veciñanza residencial.

Seguindo a estratexia de sustentabilidade, replicabilidade e transferencia dos resultados do proxecto, LIFE Lugo + Biodinámico promoverá o intercambio de experiencias e boas prácticas entre proxectos similares sobre solucións de adaptación das contornas urbanas ao cambio climático.

Queremos favorecer o establecemento de CIDADES + ADAPTADAS ao Cambio Climático, achegando solucións do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico e doutros proxectos desenvolvidos na UE.  Con este obxectivo, a cidade de Lugo participa nas iniciativas do Pacto dos Alcaldes e na Rede de Cidades polo Clima.