Arbusto de crecemento rápido que pode chegar ata os 2- 4 m de altura e con numerosas ramiñas longas, rectas, delgadas, resistentes, moi flexibles, percorridas por 5 costelas lonxitudinais en forma de V invertida.
Familia: Leguminosae
Xénero: Cytisus
Distribución: Europa. Na Península Ibérica podemos atopala en todo o territorio, aínda que no leste é menos frecuente. Dende os 200 ata os 2.000 m de altitude. En todo tipo de solos. Frecuente en Galicia.
Follas: caducas, alternas, pequenas, face glabra e envés con pelos. As follas dos talos novos son unifoliadas e con peciolo curto, mentras que as dos talos vellos son xeralmente trifoliadas.
Flores: solitarias, hermafrodítas, zigomorfas (con simetría bilateral), pentámeras, cáliz en forma de campá, bilabiado, corola en bolboreta e de cor amarela. Florece de febreiro a xullo.
Froito: legume de cor negra ao madurar, lateralmente comprimida e con pelos só nas marxes.
Observacións: Antigamente utilizábase para facer vasoiras. Planta fixadora de nitróxeno que se emprega na restauración paisaxística. Propiedades diuréticas. Planta rica en alcaloides, sobre todo esparteína, que se utiliza en forma de sulfato como tónico cardíaco. Tóxica para o gando. Esta especie é considerada unha especie invasora nas Illas Canarias.