Arbusto moi espiñento de ata 1 m de altura, ás veces planta rastreira. Filodios e cladodios espiñentos, espiñas rectas ou arqueadas. Talos e pólas con abundantes pelos de dous tipos, uns longos e patentes e outros curtos e curvados. Solos acedos.
Familia: Leguminosae (Fabaceae)
Xénero: Ulex
Distribución: Oeste de Europa. Dende o nivel do mar ata os 1.600 m de altitude. Frecuente en Galicia.
Follas: sen follas aparentes (transformadas en filodios espiñentos).
Flores: pentámeras, bisexuais, amarelas, zigomorfas (en bolboreta), máis pequenas que as de Ulex europaeus. Cáliz bivalvo, tamén amarelo. A bractéola que aparece na base do cáliz ten xeralmente menos de 1,5 mm de anchura. Florece de xullo a outubro.
Froito: legume curta, cuberta de pelos longos.
Observacións: Empregada antigamente para facer a cama do gando que despois se utilizaba como abono para as terras de cultivo. Bo combustible.