Arbusto que presenta numerosos talos (erectos ou arqueados) en xeral de cor verde provistos de espiñas curvadas.
Familia: Rosaceae
Xénero: Rosa
Distribución: Europa, Asia e norte de África. Dende o nivel do mar ata os 2.000 m de altitude.
Follas: caducas, alternas, compostas imparipinnadas (5 a 7 foliolos).
Flores: pentámeras, bisexuais, solitarias ou en inflorescencias de tipo corimbiforme con numerosos estames e pétalos de cor branca ou rosada. Florece na primavera e a principios do verán.
Froito: seco, aquenios no interior dun falso froito con forma de pera de cor vermella ou laranxa (cinorrodón).
Observacións: Usos medicinais (infusións) e culinarios dos pétalos e froitos.