O sanguiño é un arbusto ou pequena árbore de folla caediza, moi ramificado, que pode chegar ata os 12 m de altura cando as condicións son axeitadas. A súa casca é vermella cando é nova e agrisada na madurez. Soe crecer en lugares con humidade ambiental elevada, en solos ácidos ou neutros.
Familia: Rhamnaceae
Xénero: Frangula
Distribución: Europa, Asia e norte de África. Na Península Ibérica é frecuente na metade norte e nas montañas do sur. Dende o nivel do mar ata 1.500 m de altitude.
Follas: caducas, simples, alternas, ovaladas, de marxe enteira, lustrosas pola face e mates polo envés.
Flores: pentámeras, bisexuais, pequenas, cos pétalos soldados, de cor verde e pouco vistosas, aparecen na axila das follas. Florece de abril a maio.
Froito: carnoso de tipo drupa de pequeno tamaño, de cor negra ao madurar.
Observacións: A madeira do sanguiño, de cor marela, empregase para a fabricación de pezas pequenas como mangos de ferramentas e antigamente na fabricación de pólvora. As súas ramas son utilizadas para facer cestos. A casca ten propiedades medicinais (laxante). Os froitos son tóxicos.