O salgueiro negro é un arbusto ou pequena árbore de folla caediza moi ramificada que pode chegar ata os 9-12 m de altura. A súa casca é de cor parda agrisada e pode desprenderse con facilidade do tronco, a copa densa e con ramas delgadas, con pelos cando son novas e lampiñas de adultas. Medra cerca dos cursos de auga e é indiferente ao tipo de solos (silíceos ou calcarios).
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Distribución: Europa occidental e norte de África. Amplamente distribuido na Península Ibérica. Dende o nivel do mar ata os 2.000 m de altitude.
Follas: caducas, rugosas, simples, alternas, de bordo enteiro ou dentado, nervios ben visibles, de cor verde agrisada e mates pola face e agrisadas e pelosas polo envés, peciolo curto e lámina lanceolada, trasovada ou espatulada.
Flores: unisexuais dioicas (masculinas e femininas en pés distintos) en inflorescencias tipo amento, nacen antes que as follas. Florece de xaneiro a marzo.
Froito: seco de tipo cápsula que ao madurar se abre en dúas valvas e libera as sementes que están recubertas por un vilano algonodoso que facilita a súa dispersión polo vento.
Observacións: A súa madeira é blanda e fácil de traballar e utilízase para facer cestos. Especie melífera.