SALIX ALBA L.

Salgueiro branco, sauce blanco

O salgueiro branco é unha árbore caducifolia que pode alcanzar os 25 m de altura. A súa casca é de cor gris-verdosa ao principio e despois vólvese parda-agrisada na madurez. Medra nos bordes dos ríos e regatos, aguanta temperaturas moi baixas e é indiferente ao tipo de terreo (silíceo ou calcario).

Familia: Salicaceae
Xénero: Salix

Distribución: Europa, Asia e norte de África. Dende o nivel do mar ata os 1.900 m de altitude.

Follas: caducas, alternas, simples, lanceoladas, de bordo serrado, rematadas nunha longa punta, brillantes e de cor verde clara pola face e co envés glauco.

Flores: unisexuais dioicas (masculinas e femininas en pés distintos) en inflorescencias tipo amento. Florece a finais do inverno ou comezo da primavera.

Froito: seco de tipo cápsula que ao madurar ábrese en dúas valvas liberando as sementes que están recubertas dun vilano de pelos brancos que facilitan a súa dispersión polo vento.

Observacións: A súa madeira é de mala calidade. As ramas delgadas (mimbre) utilízanse en cestería, para atar as videiras, etc.
Uso medicinal, xa que da súa casca obtense a salicina, orixe do ácido acetil salicílico (aspirina).
Utilizada en restauración de ribeiras.