Arbusto sempre verde de ata 1 m de altura, moi ramoso.
Familia: Rutaceae
Xénero: Ruta
Distribución: sur de Europa.
Follas: alternas, glaucas, moi divididas, de olor desagradable.
Flores: tetrámeras e pentámeras, bisexuais, de cor marela.
Froito: cápsula que se abre por 5 valvas.
Observacións: Non se recomenda o uso como medicinal, xa que é unha planta tóxica. Provoca metrorraxias, gastroenterite, confusión mental e incluso a morte. Por vía externa emprégase como antirreumática. Tamén cultivada como planta ornamental.