ILEX AQUIFOLIUM L.

Acivro, acebo

Árbore ou arbusto sempre verde de ata 10-12 m de altura, aínda que pode superar os 20 m, coa casca do tronco lisa e grisácea e pólas de cor verde.

Familia: Aquifoliaceae
Xénero: Ilex

Distribución: Europa central e meridional, noroeste de África e sueste de Asia.

Follas: de cor verde escuro brillante pola face e máis pálida e mate polo envés, alternas, simples, e, xeralmente, con bordo espiñento.

Flores: tetrámeras, unisexuais dioicas (masculinas e femininas en exemplares distintos), de cor branca.

Froito: drupa globosa de cor vermella brillante na súa madurez. O froito é tóxico, aínda que serve de alimento para moitas aves.

Observacións: a madeira do acivro é de moi boa calidade, dura e densa (afonda na auga). Apreciada en ebanistería. As súas follas serven de forraxe no inverno para o gando. Utilizado como pranta ornamental.