Arbusto sempre verde sen espiñas que pode chagar ata os 2,5 m de altura, xeralmente ramificado dende a base. Ramiñas con costelas lonxitudinais en forma de T.
Familia: Leguminosae
Xénero: Genista
Distribución: Península Ibérica, suroeste de Francia e norte de Marrocos. Dende os 600 ata 2.000 m de altitude. Frecuente en Galicia a partir de 500-600 m de altitude. Silicícola.
Follas: simples, alternas, estipuladas, lanceoladas, de bordo enteiro, co envés cuberto de pelos, o que lle da unha cor máis pálida que a da face.
Flores: pentámeras, de cor amarela, con cáliz bilabiadao, hermafroditas, aparecen en racimos terminais nos brotes do ano. Florece de maio a xullo.
Froito: legume oblonga, de aspecto sedoso porque está cuberta de pelos.
Observacións: Planta melífera. Utilizada para a fabricación de vasoiras. Bo combustible empregado para acender os fornos, lareiras e cociñas. Uso ornamental. Plantouse no pasado na Galicia oriental para aproveitar a súa leña.