A pereira brava é un arbusto ou pequena árbore de folla caduca que pode alcanzar os 15 m de altura. As súas ramas teñen espiñas e a casca é de cor gris e agretada lonxitudinalmente. Indiferente ao tipo de substrato (silíceo ou calcario) e de crecemento moderadamente rápido.
Familia: Rosaceae
Xénero: Pyrus
Distribución: Europa, norte de África e Asia occidental. Na Península Ibérica distribúese polo norte. Dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.
Follas: simples, caducas, alternas, ás veces con apariencia de fasciculadas, de bordo serrado, rematadas en punta e coa base redonda ou acorazonada, cando son novas teñen pelos que perden ao madurar.
Flores: pentámeras, bisexuais, brancas, agrupadas en inflorescencias con ramas moi pelosas na floración e lampiñas cando se produce a fructificación. Florece de abril a xuño.
Froito: carnoso de tipo pomo con forma arredondada ou piriforme, pequeno, comestible pero amargo e duro.
Observacións: A súa madeira é dura, moi compacta, fácil de pulir, utilízase en ebanistería e carpintería e para a fabricación de instrumentos musicais.