Familia: Lauraceae
Xénero: Laurus
Distribución: Árbore ou arbusto da rexión mediterránea.
Follas: simples, alternas, perennes, co bordo enteiro, con face de cor verde escura brillante e envés máis claro.
Flores: unisexuais dioicas en grupos axilares (hai pés masculinos e pés femininos). Florece de febreiro a abril.
Froito: baga de cor azul negruzca cando madura.
Observacións: Follas e froitos empregados en medicina popular. As follas teñen propiedades dixestivas. Aos froitos atribuíronselles propiedades carminativas (expulsión de gases), emenagogas (favorecen a menstruación) e diuréticas. As follas tamén se empregan como condimento. A leña verde usase para afumar os chourizos.