Arbusto sempre verde de ata 60 cm de altura, moi aromático.
Familia: Labiatae
Xénero: Lavandula
Distribución: rexión mediterránea.
Follas: opostas, lineares e grisáceas.
Flores: flores e brácteas de cor lila, que se agrupan na parte apical dos talos formando espigas moi chamativas e olorosas. As flores son pentámeras e bisexuais.
Froito: secos tipo aquenio.
Observacións: As súas esencias son empregadas dende tempos antigos en perfumaría. En uso medicinal emprégansen as inflorescencias, por vía interna como relaxantes (combaten o insomnio), como antiinflamatorias (dores de gorxa), carminativas e dixestivas. En aplicacións externas teñen propiedades antiinflamatorias e estimulantes da circulación sanguínea periférica, cicatrizantes e vulnerarias (propiedades antisépticas e antibacterianas). Tamén se emprega para combater os piollos, pois compórtase como insecticida. Moi usada como ornamental. As follas secas úsanse para elaborar perfumes. Cando se emprega como aceite esencial combate o insomnio, os resfriados, as dores de gorxa.