O freixo é unha árbore caducifolia de crecemento relativamente rápido que pode alcanzar os 40 m de altura. A súa casca é de cor gris branqueciña que nas árbores adulta tórnase de cor parda, rugosa e agretada. Moi resistente ao frío.
Familia: Oleaceae
Xénero: Fraxinus
Distribución: Europa, Asia. Dende o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude.
Follas: caducas, opostas, compostas imparipinnadas con 9-13 foliolos (sésiles, lanceolados e de bordo serrado).
Flores: núas, sen sépalos nin pétalos, pequenas, pouco vistosas e dispostas en glomérulos axilares. As flores poden ser unisexuais ou hermafroditas. Florece en marzo/abril antes de que as follas broten.
Froito: sámara, aquenio cunha á que facilita as súa dispersión.
Observacións: A súa madeira é flexible e resistente, de cor clara e utilízase en ebanistaría. As follas úsanse como forraxe para o gando.