Árbore caducifolia de crecemento rápido que pode alcanzar os 20-25 m de altura. A súa casca é de cor gris e o tronco é curto e groso.
Familia: Oleaceae
Xénero: Fraxinus
Distribución: Europa, norte de África e Asia. Dende o nivel do mar ata os 1.200 m de altitude aproximadamente.
Follas: caducas, opostas, compostas imparipinnadas con 5-7 foliolos (opostos, lanceolados e de bordo serrado na metade superior).
Flores: núas, sen sépalos nin pétalos, pouco vistosas, en glomérulos axilares. Florece a finais do inverno e as flores aparecen antes que as follas.
Froito: sámara de cor amarela, aquenio cunha á que facilita a súa dispersión. O froito madurece no verán.
Observacións: A súa madeira é flexible e resistente, de cor clara e utilízase en ebanistaría. As súas follas serven de alimento para o gando.