Arbusto perennifolio (mantén as follas no inverno). A súa casca é de cor parda-avermellada.
Familia: Cistaceae
Xénero: Cistus
Distribución: Rexión mediterránea occidental. Dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.
Follas: simples, opostas, sésiles (sin peciolo), lanceoladas, de bordo revoluto, a face de cor verde oscura e sen pelos e o envés cuberto de pelos estrelados.
Flores: solitarias, pentámeras, moi grandes e vistosas, de cor branca, con pedicelos curtos. Florece de marzo a xuño.
Froito: cápsula globosa que se abre en 10 valvas.
Observacións: A súa madeira é moi dura e utilízase como leña. Produce moito pole atraendo a insectos como as abellas que gustan de libar nas súas flores producindo un mel de moi boa calidade e sabor. As súas ramas e follas están impregnadas dunha substancia pegañenta chamada ládano, que da lugar ao seu nome “ladanifer”. O ládano é utilizado pola propia planta para evitar a competencia con outras especies vexetais e como repelente da herbivoría. Tamén se usa na perfumería e antigamente era utilizado como cicatrizante, desinfectante, etc.