Arbusto de casca agrisada ou parda que cos anos se volve agretada e con escamas. Especie indiferente ao tipo de solo (silíceos ou calcarios) que aparece como acompañante en bosques mediterráneos como os ciñeirais ou carascais, os sobreirais, etc.
Familia: Anacardiaceae
Xénero: Pistacia
Distribución: Especie natural da Rexión Mediterránea. Na Península Ibérica podemos atopala en casi todo o territorio. Dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.
Follas: caducas, compostas inparipinnadas, alternas, lampiñas, con foliolos de bordo enteiro e co pecíolo vermello ou rosado.
Flores: Especie dioica, hai pés masculinos e pés femininos. Flores núas, sen sépalos nin pétalos, dispostas en panículas e de cor vermella. Florece de abril a maio
Froito: drupa pequena de cor rosada ou vermella ao madurar.
Observacións: especie pioneira e resistente que fixa e enriquece os solos facilitando a colonización doutras especies. A súa madeira, dura, compacta e resinosa, é moi apreciada en ebanistería e tornería. Propiedades diuréticas. Utilizada para obter vernices e curtir o coiro. Da súa casca obtense trementina, aceite vexetal usado como disolvente.