Arbusto ou pequena árbore de folla perenne (mantenas todo o ano) e copa densa e globosa. Casca parda-avermellada, agretada e con escamas, que se desprende en tiras. As ramas máis novas son avermelladas ou de cor canela e coa idade tórnanse de cor gris.
Familia: Ericaceae
Xénero: Arbutus
Distribución: Especie mediterránea. Na Península Ibérica distribúese por todas as provincias excepto nas zonas máis continentais e frías do interior. Dende o nivel do mar ata os 800 m de altitude aproximadamente.
Follas: persistentes, simples, alternas, pecioladas, coriáceas, coa marxe serrada, de cor verde intensa e brillantes pola face, máis claras e mate polo envés.
Flores: pentámeras, corola urceolada branca ou rosada, en inflorescencias corimbiformes colgantes. As flores aparecen ao final do verán e no outono.
Froito: baga globosa, comestible cando madura, a superficie é granulosa. Son froitos carnosos, redondeados, vermellos ou alaranxados. Maduración bienal.
Observacións: Madeira de excelente calidade como leña e para elaborar carbón vexetal. As follas e a casca eran utilizadas para curtir peles, polo seu alto contido en taninos. Especie moi utilizada como ornamental pola cor do tronco e pólas, follas, flores e froitos. Os seus froitos son moi utilizados tanto para comer en fresco como para elaborar marmeladas, licores, etc. Especie que serve de alimento e refuxio para moitas especies de fauna silvestre.