Arbusto caducifolio de ata 5 m de altura. No inverno as súas pólas toman cor vermella. Medra en solos silíceos e calcarios, prefire os ambientes frescos e húmidos.
Familia: Cornaceae
Xénero: Cornus
Distribución: Europa e suroeste de Asia. Na Península Ibérica atópase sobre todo no norte. En Galicia medra na parte oriental. Dende o nivel do mar ata os 1.300 m de altitude aproximadamente.
Follas: caducas, opostas, simples, bordo enteiro e rematadas en punta, con nervios secundarios curvados case paralelos á marxe da folla, de face liso e envés aspero.
Flores: tetrámeras, bisexuais, reunidas en inflorescencias de tipo umbela, son de cor branca e moi vistosas. Florece ao final da primavera ou no verán.
Froito: carnoso de tipo drupa de cor azul negruzca brillante cando madura. O froito é amargo e tóxico para os humanos pero moi apreciado polas aves.
Observacións: madeira de moi boa calidade, dura e resistente que se utiliza en tornería e tamén para obter carbón vexetal. Moi utilizada como ornamental polas súas flores brancas, os froitos negros e o tono vermello das súas ramiñas e follas no outono e no inverno. Ten propiedades mediciñais como adstrinxente.