Árbore caducifolia de crecemento rápido que pode alcanzar os 30-35 m de altura. A súa copa é de forma piramidal ou ovada. Casca de cor gris e lisa nos primeiros anos e agretada lonxitudinalmente e con costelas negras coa idade. Medra nas beiras dos ríos, camiños e zonas con humidade permanente. Indiferente ao tipo de solo (silíceo ou calcario) sempre que non sexa moi ácido nin salino. Multiplicase fácilmente por estacas e por sementes.
Familia: Salicaceae
Xénero: Populus
Distribución: Europa, centro e este de Asia e norte de África. Dende o nivel do mar ata os 1.800 m aproximadamente.
Follas: simples, caducas, alternas, triangulares ou romboidais, de bordo serrado, de cor verde brillante pola face e mate no envés, con pecíolo lateralmente comprimido, delgado e longo.
Flores: especie dioica, flores masculinas e femininas en pés diferentes, núas (sen cáliz nin corola) e agrupadas en amentos colgantes e longos. Florece antes de que broten as follas (de febreiro a marzo)
Froito: seco, de tipo cápsula que se abre en dúas valvas ao madurar liberando as sementes provistas dun vilano de pelos brancos que favoren a súa dispersión polo vento.
Observacións: A súa madeira é blanda, lixeira, pouco durable e pouco resitente, polo que se utiliza para obter pasta de papel e facer caixas e embalaxes.