O cabrifollo é un arbusto trepador con talo voluble de ata 5 m de altura e ramas moi flexibles e longas. Podemos atopala dende o nivel do mar ata os 1.500 m de altitude.
Familia: Caprifoliaceae
Xénero: Lonicera
Distribución: oeste e sur de Europa. En Galicia medran a subespecie tipo e a subespecie hispanica.
Follas: simples, caedizas, opostas, de marxe enteira, de cor verde escura pola face e glaucas polo envés, que pode ser máis ou menos peloso.
Flores: pentámeras, bisexuais, en inflorescencia terminal de tipo umbela pauciflora. As flores son tubulosas (con forma de tubo), cigomorfas e moi olorosas. Florece na primavera e no verán.
Froito: carnoso de tipo baga de cor vermella ao madurar. Cando están maduros a súa cor brillante atrae as aves. Os froitos son tóxicos para os humanos e a súa inxestión produce trastornos dixestivos.