Familia: Caprifoliaceae
Xénero: Viburnum
Distribución: Europa, norte de África e norte de Asia. Dende 500 ata 1.000 m de altitude.
Follas: caducas, opostas e palmeadas (3/5 lóbulos), con glándulas en forma de disco na parte superior do pecíolo. De marxe irregularmente dentada, ápice agudo e base truncada. Son brillantes pola face e máis pálidas polo envés. Pelos sedosos na face, no envés e no pecíolo.
Flores: de cor branca, pentámeras, zigomorfas (con simetría bilateral), sésiles ou con pequenos pedicelos, en inflorescencias umbeliformes globosas, as da periferia estériles. Florece de maio a xullo.
Froito: drupa ovoidea ou subglobosa, de cor vermella. Tóxicos para o ser humano xa que poden provocar vómitos e diarreas, sen embargo son moi apreciados polas aves.
Observacións: propiedades medicinais (sedante, laxante e antiespasmódico uterino).