Esta árbore de crecemento rápido e fácil rexeneración pódese atopar nos bordes de ríos e arroios, en zonas encharcadas e nas ladeiras frescas é húmidas. Pode alcanzar os 20 m de altura e as súas raíces exténdense máis en superficie que en profundidade.
Familia: Betulaceae
Xénero: Betula
Distribución: Europa e Asia. Dende o nivel do mar ata os 1.800-2.000 m de altitude.
Follas: caducas, simples, alternas, triangulares ou subromboidais e de borde dobremente serrado. Son diuréticas.
Flores: monoicas, reunidas en inflorescencias unisexuales colgantes de tipo amento; os masculinos son precoces, terminais, cilíndricos, caducos e de cor parda amarelenta e os femininos son cilíndricos ou algo ovalados e de cor verdosa.
Froito: de tipo sámara. Florece de abril a maio.
Observacións: a casca do seu tronco é de cor branca ou cincenta, lisa, flexible e impermeable. A súa madeira é lixeira, doada de traballar e moi usada para facer zocos, zocas e madreñas.