Planta perennifolia herbácea de 1 a 2 m de altura.
Familia: Compositae
Xénero: Artemisia
Distribución: Eurasia e norte de África.
Follas: con lámina profundamente dividida de cor verde escura pola face e de envés branquecino, moi olorosas.
Flores: pequenas, amarelentas, reunidas en racimos.
Froito: seco tipo aquenio.
Observacións: As follas e flores empréganse en medicina popular como aperitivo, espasmolítico, dixestivo e
emenagogo (que favorece a menstruación). Planta tamén empregada como vermífuga, antiparasitaria e antimicrobiana (desinfectante de feridas). Debe ser utilizada con cautela, en dose alta ou durante moito tempo pode provocar alteracións nerviosas con crises convulsivas. O pole das súas flores contén alérxenos que causan rinite.