ACER MONSPESSULANUM L.

Arce de Montpellier

Árbore caducifolia de crecemento lento que brota ben de cepa e se adapata a todo tipo de solos aínda que prefire os solos calizos. Copa densa, casca lisa e cinsenta de nova e pardo-agrisada e agretada na madurez.

Familia: Sapindaceae
Xénero: Acer

Distribución: Rexión mediterránea e Asia suroccidental. Dende o nivel do mar ata os 1.000 m.

Follas: caducas, simples, opostas, palmeado-trilobuladas, de bordo enteiro, face lustrosa e envés mate.

Flores: polígamas (mestura de flores bisexuais e unisexuais masculinas), de cor verde-amarelo, en racimos corimbiformes, pentámeras.

Froito: disámara de cor verde ao principio e roxizo ao madurar, ás paralelas ou superpostas.

Observacións: madeira dura e de moi boa calidade, roxiza ou rosada. Uso ornamental.