A arandeira é un pequeno arbusto caducifolio moi ramificado de ata 60 cm de altura, con talos angulosos de cor verde que xorden de rizomas (talos subterráneos ou rastreiro similares a raíces que medran horizontalmente).
Familia: Ericaceae
Xénero: Vaccinium
Follas: simples, alternas, caducas, con peciolo curto, planas, co bordo dentado, de cor verde que se volve vermella antes de caer.
Flores: pentámeras, bisexuais, cos pétalos brancos ou algo rosados soldados en forma de pote, solitarias ou en grupos de dúas nas axilas das follas. Florece de abril a xuño.
Froito: carnoso de tipo baga, de cor azul escura cando madura, comestible, de sabor doce, emprégase para facer marmeladas, tartas e licores. Ten importancia na alimentación da fauna silvestre.
Observacións: En Galicia medran dúas especies de arandeira de forma espontánea, Vaccinium uliginosum L., de froito sin interese, que aparece nos cumios das montañas máis elevadas, e Vaccinium myrtillus L. que se pode atopar de forma natural nas zonas de montaña entre os 500 e 2.000 m de altitude, formando parte do sotobosque de carballeiras, faiais e bidueirais, incluso en zonas de matogueira, sobre todo queirogais e piornais desenvolvidos sobre solos acedos e ricos en materia orgánica e en ambientes húmidos. As raíces da arandeira silvestre presentan de forma natural simbiose con algunhos fungos microscópicos moi específicos.