Arbusto ou pequena árbore sempre verde de 10-15 metros de altura, de copa densa, tronco con casca de cor gris escura e máis ou menos lisa.
Familia: Rosaceae
Xénero: Prunus
Distribución: enclaves illados na Península Ibérica, suroeste de Francia, norte de África, Canarias, Madeira e Azores. Dende os 300 aos 1.300 m de altitude.
Follas: persistentes, simples, alternas, con pecíolo curto avermellado e lámina aquillada, ovado-lanceoladas e de marxe lixeiramente serrada. Cor verde escura e brillante pola face e pálida polo envés.
Flores: pentámeras, de cor branca. Florece de maio a xuño.
Froito: drupas globosas de cor negra e sabor amargo. Maduran no verán e a principios do outono. Teñen sabor amargo e son alimento para os paxaros.
Observacións: a madeira é de cor rosada e úsase en ebanistaría.