O proxecto LIFE LUGO+ BIODINÁMICO (LIFE14 CCA/ES/00489) está, cofinanciado pola Comisión Europea por medio do instrumento financeiro LIFE 2014-2020, tendo como obxectivo xeral implementar unha estratexia innovadora de planificación urbana na cidade de Lugo, coa finalidade de dotar á paisaxe urbana de estruturas resilientes capaces de afrontar as consecuencias derivadas do cambio climático.

No día de hoxe (8 de marzo de 2018) saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o anuncio de licitación das contratacións referidas a continuación, por un período de 15 días finalizando o prazo de presentación de ofertas o día 23 de marzo de 2018:

CONTRATACION I: CONTRATACION DUN SERVIZO CONSISTENTE NA EXECUCIÓN DE TRABALLOS DE COMUNICACIÓN, DIFUSIÓN E PUBLICIDADE DOS RESULTADOS DO PROXECTO LIFE14 CCA/ES/000489 LUGO+BIODINÁMICO. “PLANIFICACIÓN DUN BARRIO MULTI-ECOLÓXICO COMO MODELO DE RESILIENCIA URBANA” COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA MEDIANTE O INSTRUMENTO FINANCEIRO LIFE 2010-2020 (ACCIÓNS A2, E1, E2, E3, E4e E5). (EXP. REF. 4-2018)

CONTRATACION II: CONTRATACION DUN SERVIZO CONSISTENTE NA REALIZACIÓN DUN CATALOGO DE SOLUCIÓNS XENÉRICAS DE DESEÑO URBANO “GUD-LUGO” DO PROXECTO LIFE14CCA/ES/000489 LUGO+BIODINÁMICO “PLANIFICACIÓN DUN BARRIO MULTI-ECOLÓXICO COMO MODELO DE RESILIENCIA URBANA” COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA MEDIANTE O INSTRUMENTO FINANCEIRO LIFE 2014-2020, (ACCIÓN C1 “CATÁLOGO DE SOLUCIÓNS DE DESEÑO URBANO “GUD-Lugo”), (EXP. REF. 5-2018).

Os pregos que establecen as condicións técnicas de contratación de ámbalas dúas contratacións, poden consultarse integramente no seguinte enlace do Perfil do Contratante do Concello de Lugo: http://lugo.gal/es/licitacions

Máis información sobre licitacións relacionadas co proxecto LIFE Lugo+Biodinámico pode ser descargada AQUI:

Por outro lado o dossier de candidatura completo do proxecto pode consultarse na páxina web do proxecto LIFE LUGO+BIODINÁMICO (http://www.clientests.com/biodinamicodrupal/). Os socios participantes do proxecto son o Excmo.  Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade Politécnica de Madrid (UPM) con participación como co-financiador da Excma. Deputación de Lugo.