Promovendo o uso de madeira local para o desenvolvemento de produtos estruturais de madeira. Desenvolvemento, construción e instalación do prototipo Gridshell
Parte das actuacións do PROXECTO LIFE LUGO + BIODINÁMICO baséanse no uso de madeira autóctona para o desenvolvemento de produtos de madeira estrutural de alto confort e valor estético, co fin de favorecer a substitución de materiais de alto custo enerxético comunmente utilizados na construción.
Especificamente, a acción: Adaptación de Sistemas Construtivos con materiales autóctonos de baixa enerxía incorporada e Análise doutras tecnoloxías adaptables” inclúe o desenvolvemento dun sistema de cuberta estrutural denominado “Gridshell”, con Eucalyptus globulus.
Os resultados que se presentan corresponden ás campañas experimentais e á construción dos primeiros prototipos que se levaron a cabo a través da Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) pertencente á Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración e/ou participación da industria local e o Centro Galego de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CISMadeira).