Programadas máis actividades escolares no LIFE Lugo + Biodinámico
O Foro Verde continúa dilvulgando o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico entre os veciños e veciñas máis cativos de Lugo, grazas ás actividades programadas en colaboración cos centros de ensino primario da cidade.
Estas citas, que comezaron co motivo do Día Mundial dos Humidais, iniciáronse o día 7 de febreiro cunha actividade divulgativa no CEIP Albeiros que congregou a máis de 50 alumnos de 5º de Primaria e espertou o seu interese sobre o desenvolvemento das accións que o proxecto está a levar a cabo na contorna da escola.
As vindeiras citas terán lugar nos seguintes centros de ensino:
– O 7 de marzo presentaremos o proxecto no CEIP As Mercedes
– Na semana entre o 11 e o 15 de marzo visitaremos o CEIP Illa Verde
– O 21 de marzo visitaremos as plantacións coa ONG ACCEM e plantaremos unha árbore no ENIL con motivo do Día da Árbore.
– O 27 de marzo estaremos no CEIP Virxe da Soidade e no CEIP As Gándaras
– Os 2 e 3 de abril, volvemos ao CEIP As Mercedes
– O 4 de abril o proxecto presentarase no CEIP Anexa
– O 29 de abril os alumnos e alumnas do CEIP Guitiriz visitarán as plantacións do proxecto
– O 6 de maio visitamos o CPI Tino Grandío de Guntín
– O 24 de maio o alumnado do CEIP As Gándaras visitará as plantacións
O Foro Verde continuará ampliando as datas para dar a coñecer o proxecto. Se queres coñecelas todas, podes consultar a nosa axenda ou subscribirte ao noso boletín de novas e estar ao tanto de todo o que acontece no LIFE Lugo + Biodinámico.