Participación no Foro das Cidades: Espazos urbanos para o benestar e a sostibilidade
Os labores de difusión do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico continúan, neste día o proxecto deuse a coñecer na 3ª edición do Foro das Cidades de Madrid 2018, no que participan 75 urbes e máis de 200 relatores. Este é un encontro internacional de axentes implicados na xestión sustentable das cidades.
O relatorio foi realizada pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na sesión centrada en Renaturalización Urbana e Infraestruturas Verdes, onde Valladolid, Vitoria e Barcelona tamén tiveron protagonismo. No relatorio destacouse a transversalidade do proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico, cun horizonte de impacto longo, no que os obxectivos marcados son, a implantación de actuacións innovadoras nunha estratexia de desenvolvemento urbano sustentable, a introdución dun novo modelo produtivo coa madeira como núcleo e estrutura para construción e o impulso do sector forestal. Detallouse como o proxecto axuda á construción dun novo modelo de cidade sostible, así como os avances do proxecto e toda a súa dimensionalidade transversal en conservación da natureza, resiliencia fronte ao cambio climático e desenvolvemento sostible.