ÁMBITO DO PROXECTO
O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico encádrase ao norte da cidade de Lugo, nas proximidades do parque industrial do Ceao e do parque empresarial das Gándaras, para desenvolver unha estratexia urbana innovadora de adaptación ao cambio climático.
Así mesmo, a área de actuación proposta localízase no ámbito do “cinto verde” que envolve toda a cidade, dende o oeste ao noroeste, seguindo os cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira, e cuxa previsión aparece recollida no Plan xeral (PXOM-2011) dentro do novo modelo de ordenación territorial que se deseña para a cidade de Lugo.