Esta semana comezaron as obras de urbanización da parcela que rodea o edificio Impulso Verde do LIFE Lugo + Biodinámico. Froito da colaboración e o establecemento de sinerxías co proxecto LIFE CerSuds, estase a instalar en toda a parcela o pavimento filtrante que dende o proxecto valencián se cedeu completamente de balde.

LIFE CerSuds, siglas de Sistema de Drenaxe Urbana Sustentable de Cerámica, é un proxecto LIFE que se vale de material cerámico que non ten saída comercial para empregalo como base dun sistema filtrante de pavimentación. O seu funcionamento consiste na creación dunha superficie a modo de baldosa permeable, formada por un sistema innovador de baixo impacto ambiental que permite filtrar a auga de chuvia cara o chan ubicado baixo o pavimento. A súa implementación na contorna do Impulso Verde axudará a recoller e empregar a auga de chuvia para hidratar o solo.

Nesta galería pódese ver todo o proceso de instalación e o funcionamento do pavimento filtrante:

Dende o LIFE Lugo + Biodinámico queremos agradecer ao proxecto LIFE CerSuds a cesión completamente gratuíta do pavimento filtrante, así coma ao Instituto de Tecnología Cerámica, ao concello de Benicàssim e a Trencadís de Sempre pola súa colaboración ao longo dos dous proxectos.

Tags: