O LIFE Lugo + Biodinámico establece contactos co proxecto Horizonte 2020 Hoop
O Concello de Lugo, a través do LIFE Lugo + Biodinámico, reuniuse o pasado luns 26 de setembro con membros do proxecto Horizonte 2020 Hoop.
O proxecto HOOP é un proxecto financiado por fondos europeos que busca desenvolver iniciativas relacionadas coa bioeconomía circular urbana. O obxectivo xeral do proxecto é axudar a liberar inversións de base biolóxica e fomentar a bioeconomía en formato local en Europa. Na actualidade o proxecto Hoop está a desenvolverse a nivel técnico, económico, financieiro e xurídico en oito cidades de Europa, co foco posto na fabricación de bioproductos a partir de augas residuais e biorresiduos urbanos. Estas cidades son Albano-Laziale (Italia), Almere (Países Baixos), Bergen (Noruega), Kuopio (Finlandia), Münster (Alemaña), Murcia (España), Gran O Porto (Portugal) e Macedonia Occidental (Grecia).
O encontro tivo lugar cos responsables de Cetaqua, o Centro Tecnolóxico da Auga en Galicia, que son socios tecnolóxicos do proxecto Hoop no noso país. O obxectivo desta xuntanza foi establecer contacto entre ambos proxectos e buscar novas vías de cooperación para empregar as tecnoloxías máis axeitadas para a reciclaxe de residuos biolóxicos.
A partir deste encontro estableceranse liñas de acción para a xeración de sinerxías entre ambos proxectos.