Entre os días 21 e 24 de novembro estase a celebrar en Madrid a 16ª edición de CONAMA, o Congreso Nacional do Medio Ambiente, onde o LIFE Lugo + Biodinámico xa tivo presenza en anteriores edicións. Este ano, o profesor Antonio Lara presentará o edificio Impulso Verde nunha sesión que terá lugar o xoves 24. Baixo o título “Edificio Impulso Verde. Hacia un nuevo modelo de ciudad” falará dos principais aspectos do deseño arquitectónico e estrutural do edificio, ademais da estratexia enerxética e todo o proceso de construción deste estandarte do LIFE Lugo + Biodinámico.
Toda a información e o formulario de inscrición para estas xornadas pode ser consultado na web do Congreso.

Antonio Lara foi, ademais, un dos protagonistas dos Premios Margarita Salas de Investigación do Concello de Madrid. Estes premios teñen como obxectivo galardoar as teses doutorais defendidas nas universidades da Comunidad de Madrid que sobresaen polo interese científico e social, o carácter innovador e a excelencia científica. Baixo eses parámetros, o Doutor da UPM Antonio Lara, socio do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, recibiu un accésit na categoría de Ciencias Medioambientais cunha tese baseada no traballo en madeira realizado no proxecto, baixo o nome “Láminas reticulares de madera deformadas elásticamente. Del material a la construcción”.
O acto de entrega dos premios celebrouse o pasado 10 de novembro en Madrid e pode volver verse a través desta canle de Youtube:

Tags: