O pasado mércores 5 de outubro celebrouse en Barcelona a presentación de Mass Madera no marco da Conferencia Anual EFI 2022 (European Forest Institute), que contou coa presenza do tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández. Mass Madera, a Rede Española de Edificación con Madeira Maciza Industrializada, é unha plataforma integrada por laboratorios, gabinetes de arquitectura, empresas forestais, de enxeñería e montaxe, industrias especializadas e tamén promotores, Start Ups e organizacións públicas entre as que se atopan o Concello de Lugo, o de Cuenca e o de Barcelona. O seu obxectivo principal é o de tecer redes colaborativas que axuden a acelerar o uso da madeira como solución á redución de emisións asociadas co sector da edificación.

No evento de presentación celebrado esta semana, Miguel Fernández presentou o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico e o seu estandarte, o edificio Impulso Verde, do que destacou a utilización da madeira como elemento estrutural na súa construción así como a súa capacidade para convertirse en referente á hora de afrontar os retos medioambientais a nivel local e urbano.

Os encontros da Rede de Mass Madera contribúen a pór en común os avances no uso da madeira na construción no medio urbano e conecta aos axentes do sector e ao resto de partes interesadas para propiciar sinerxías neste eido.

Tags: