O edificio Impulso Verde, finalista dos Advanced Architecture Awards 2021
Impulso Verde, o primeiro edificio público de Galicia construído integramente en madeira galega, foi seleccionado coma un dos finalistas na modalidade Proxecto de Sustentabilidade dos Advanced Architecture Awards 2021, que recoñecen os proxectos máis innovadores do sector da edificación. Este certame celebrarase no marco do Rebuild, o Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, que se celebra entre os días 21 e 23 de setembro no recinto de IFEMA en Madrid.
Rebuild premia a innovación aplicada á edificación pondo de relevo o traballo, esforzo e liderado de todas as empresas, institucións e profesionais que apostan pola innovación e a disrupción. Estes galardóns recoñecerán a creación de novos materiais, o desenvolvemento de produtos alternativos, os sistemas de edificación que vaian na liña da sustentabilidade ou aqueles procesos que favorezan a unha industrialización da súa produción.
O Congreso Rebuild 2021 é o maior foro de coñecemento e tendencias do país no que participarán máis de 260 expertos para amosar os proxectos máis disruptivos e casos de éxito para cada segmento do ámbito da edificación (vivenda, hotel, retail, oficina, sociosanitario e institucional) contando, alén, cunha axenda propia para cada perfil profesional.