O edificio Impulso Verde é, dende hai meses, o icono do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Ao longo deste tempo, diferentes institucións, organismos e entidades de todo o mundo teñen visitado as instalacións, tanto durante o proceso construtivo coma agora que as obras xa están case finalizadas.

Este martes 31 de maio, as alumnas e alumnos do CEIP Albeiros de Lugo visitaron o edificio dentro do marco da celebración do 30 aniversario do Programa LIFE a nivel europeo. Máis de 40 nenos e nenas puideron descubrir as características que fan diferente o Impulso Verde e por que marca un fito na cidade.
Dende o CEIP Albeiros amosaron especial interese no LIFE Lugo + Biodinámico xa que, ademais de ser o centro educativo máis próximo á área na que se está a desenvolver o proxecto, aproveitan esta particularidade para levar adiante unha iniciativa escolar chamada “Imaxinando o futuro do noso barrio” co que están a aprender, entre outras cousas, as posibilidades dos novos mateirais de construción e as súas vantaxes.

Esta visita, que ten lugar no mes da celebración do LIFE is 30, aparece tamén recollida na web especial creada para o aniversario do programa europeo.

Tags: