LIFE Lugo + Biodinámico participará nun curso sobre infraestructura verde en áreas urbanas
O vindeiro xoves 8 de novembro Vegadeo (Asturias) acollerá o curso “Administración Local, Infraestructuras Verdes en Entornos Urbanos y Áreas Protegidas” organizado polo CEIDA, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Fundación Biodiversidad, o Programa EmpleaVerde e a Unión Europea a través dos Fondos Sociais Europeos.
Este curso, que se imparte dende comezos do pasado mes de setembro de forma telemática, conta cunha xornada formativa presencial e ten como obxectivo capacitar ás persoas en activo do Principado de Asturias en materia de infraestructura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, así coma en espazos naturais protexidos e na xestión da Red Natura 2000, sempre dende un punto de vista local. O curso está dirixido especialmente ao persoal de servizos municipais, traballadores e traballadoras de consultorías e empresas de servizos medioambientais e é estensible a todas as persoas interesadas na materia (sempre que a dispoñibilidade de prazas o permita).
A xornada estenderase ao longo de todo o xoves 8 de novembro, dende as 9h ata as 19h, e durante a mesma presentaranse diferentes exemplos de éxito en materia de xestión urbana ecolóxica. Na sesión da mañá, LIFE Lugo + Biodinámico contará cunha exposición, a cargo de Susana Penedo, arquitecta municipal do Concello de Lugo e Esther Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela, na que se presentarán o proxecto e as diferentes accións que dende el se están a desenvolver para transformar Lugo nunha cidade máis verde.
Toda a información sobre este evento está na páxina de CEIDA.