O LIFE Lugo + Biodinámico vén de ser convidado a participar na Xornada sobre “Certificación FSC de Cadea de Custodia e Proxectos con Madeira de Galicia” que organiza FSC na Universidade de Santiago de Compostela, coa financiación de XERA e a Xunta de Galicia.

Nesta xornada, que terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, daranse cita diferentes expertos e profesionais do sector, que abranguerán a construción, auditoría e valorización da madeira como elemento central da industria forestal.

Abrirán a xornada a Directora da ETSE da USC, Julia González e o director de FSC España, Gonzalo Anguita e a continuación participarán en diferentes palestras membros de FSC España, arquitectos e enxeñeiros do Grupo Molduras, o xerente do LIFE Lugo + Biodinámico, Boris Hinojo, falando do proxecto e do edificio Impulso Verde, e o director de XERA, a Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema.

A inscrición previa, de xeito presencial ou telemático, pode realizarse a través desta ligazón e podes descargar o programa aquí.

Tags: