Os vindeiros días 19 e 20 de outubro celebraranse en Sarria as II Xornadas de Urbanismo, Planifik.

O evento terá lugar na Casa da Cultura de Sarria e nel trataranse temas coma a ordenación urbanísitca e propostas respectuosas coa sustentabilidade e o medio ambiente. Neste contexto, o sábado 20 de outubro ás 12h, a arquitecta municipal do concello de Lugo, Susana Penedo e o responsable do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, Boris Hinojo, presentarán na conferencia “Sementando cidades sostibles” o proxecto que transformará a cidade de Lugo nun exemplo de resiliencia ao cambio climático, converténdoa nun modelo de cidade a exportar a nivel europeo.

Deixámosvos o programa de Planifik, que tamén podedes descargar neste enlace.

Venres, 19

  • 16:30h. Presentación Xornadas
  • 17:00h. Conferencia. “Modelo territorial de Allariz”
    • Francisco García Suárez. Alcalde de Allariz 2000–2018
  • 18:30h. Conferencia: “A Influencia do planeamento xeral na revitalización do municipio de Carballo”
    • Alfredo Garrote Pazos. Arquitecto municipal do concello de Carballo, xefe da área de Urbanismo

 

Sábado, 20

  • 10:30h. Conferencia: “Estratexias de abordaxe do espazo público no sistema urbano menor”.
    • Valerio González Somoza. Arquitecto especializado en Urbanismo, intregrante do equipo Planificación TEC e membro do Colectivo 1AUN.
  • 12:00h. Conferencia: LIFE Lugo + Biodinámico. Sementando cidades sostibles.
    • Susana Penedo Souto. Arquitecta municipal do concello de Lugo.
    • Boris Hinojo Sánchez. Xerente do proxecto LIFE.
  • 13:30h. Mesa Redonda.