Humidais para un futuro urbano sostible e Life Lugo + Biodinámico.
Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día Mundial dos Humidais, conmemorando a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais na cidade iraniana de Ramsar, o 2 de febreiro de 1971.
Este ano o tema deste día é “Humidais para un futuro urbano sostible”, xa que os humidais urbanos fan que as cidades sexan máis agradables para vivir. Trátase de terreos valiosos que provén de gran cantidade de servizos aos seres vivos como: reducir as inundacións, filtrar os refugallos da auga, mellorar a calidade do aire, promover o benestar humano e proporcionar medios de vida.
Para que as cidades sexan sostibles a longo prazo é fundamental manter, restaurar e conservar os humidais urbanos. Para iso hanse de incluír na planificación urbana e implicar á poboación local na xestión dos humidais.
Estes aspectos son clave e asumidos polo Concello de Lugo, promovéndoos de forma directa a través do proxecto Life Lugo+ Biodinámico, no que se restaurará un humidal no polígono industrial das Gándaras e promoverase a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local ( ENIL), nunha acción desenvolvido a polo Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra).
O humidal das Gándaras alberga un bo número de especies silvestres de interese para a conservación, tanto de flora como de fauna, así como 3 tipos de hábitats protexidos. Este humidal atópase en terreos propiedade do Concello de Lugo.
Preténdese ademais que o humidal e o resto de actuacións do proxecto encádrense nunha planificación urbana sostible do Concello de Lugo, con medidas orientadas á mitigación e adaptación fronte ao Cambio Climático, medidas innovadoras no contexto urbano europeo.
Imaxe aérea do humidal das Gándaras a restaurar a través do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico