25
Xan 2017
Entrevista en Radio Cerna ás persoas responsables do proxecto
Lugo + Biodinámico: urbanismo sustentable, ENIL e madeira de calidade.
O proxecto Life “Lugo + Biodinámico” pretende, de aquí a 2020, promover o urbanismo sustentable, a recuperación de espazos naturais en zonas industriais, potenciar a biodiversidade vexetal propia, a castaña e a madeira de calidade. Este proxecto LIFE é unha das 27 propostas municipais seleccionadas pola UE para loitar contra o cambio climático.