LIFE Lugo + Biodinámico é un proxecto europeo impulsado polo Concello de Lugo, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, que aproveita o uso de recursos naturais propios e potencia a economía verde.
Entre as medidas desenvolvidas figuran a construción do primeiro edificio público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro Barrio Multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións de deseño urbano, actuacións demostrativas exportables a outras cidades europeas. Inclúe tamén a creación de espazos divulgativos para a comunidade científica e a sociedade en xeral, coa creación dun bosque urbano no que destacan especies arbóreas e arbustos autóctonos que amosan o uso potencial das mesmas para o desenvolvemento dun urbanismo sostible de acción polo clima.
Este encontro celebrarase no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo en formato híbrido (telemático e presencial). O aforo presencial está limitado a 75 persoas.