AC02 DESENVOLVEMENTO ORIENTADO AO TRANSPORTE
Planificación dunha cidade integrada co transporte público
Obxectivo
Planificar a cidade de forma que a poboación poida acceder de forma cómoda e segura ás actividades, edificios e espazos públicos mediante vías peonís e ciclistas. Para iso deberán integrarse as redes peonís e ciclistas cun servizo de transporte público de calidade e barato que evite a dependencia do automóbil.
¿Por qué?
A maioría das cidades do mundo continúan crecendo e construíndose conforme a principios e estratexias contrarias ao DOT. Seguen centrifugándose as cidades, construíndose novas estradas e rúas, o que conleva máis superficie impermeabilizada, máis conxestión e máis contaminación, pero tamén máis segregación e illamento social, incrementando a desigualdade e a inequidade.
Por iso é urxente plantexar un DOT inclusivo que integre non soamente o uso do chan e o transporte, senón tamén ás persoas, actividades e oportunidades.
¿Cómo?
A pesar de que o DOT desenvolveuse principalmente en países en desenvolvemento e en América, os seus obxectivos son igualmente válidos para cidades en desenvolvemento de calquera parte. É importante ter en conta que este tipo de planificación non debe considerar soamente a situación das estacións de transporte público, senón que debe abordar a planificación dunha forma integrada.
Así, débense perseguir os seguintes obxectivos:
► CAMIÑAR: Desenvolver barrios que promovan os traslados a pé mediante unha rede peonil segura, completa e accesible para todos.
► PEDALEAR: Priorizar as redes de mobilidade non motorizada mediante itinerarios ciclistas completos e seguros, así como zonas de estacionamento de bicicletas seguras.
► CONECTAR: Crear redes de rúas e roteiros densas onde os itinerarios peonís e ciclistas son máis curtas que aqueles dedicados ao automóbil.
► TRANSPORTAR: O transporte público de calidade debe ser accesible desde todo o desenvolvemento a pé (< 500 m).
► MESTURAR: Planificar barrios onde os habitantes sexan de diferentes demografías e rango de ingresos. Deben existir servizos a unha distancia curta a pé desde onde a xente vive e traballa, e o espazo público debe estar activo a maior parte do día.
► DENSIFICAR: Optimizar a densidade residencial e laboral para mellorar a eficiencia do transporte público.
► COMPACTAR: Crear desenvolvementos con tempos de traslado curtos, planificándoos dentro ou adxacentes a outros xa existentes.
► CAMBIAR: Xestionar o uso das vías e o aparcamento, modificando o uso do espazo dedicado ao automóbil para dedicalo a outros usos máis sustentables.
A maioría destes obxectivos son comúns ás medidas incluídas neste catálogo, pero, do mesmo xeito que a xerarquización do viario, a planificación orientada ao transporte é unha medida previa a calquera das demais, xa que crea un escenario que facilita o éxito desas medidas.
Rede Integrada de transporte de Curitiba
Rede Integrada de transporte de Curitiba e densificación en torno a ela (Google)
Intervenciones a escala de cidade
Sobre qué actúa
Combinación con otras solucións
Elementos de medida
Medida Estratéxica
Sirve de base para aplicar o resto das medidas do catálogo en materia de accesibilidad
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Proxecto de Urbanización
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Técnicos da Administración Xeral/Provincial
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración
Deseño dunha rede de transporte público coherente e eficiente
Políticas tarifarias atractivas. Por exemplo: gratuito para menores e estudantes, ou completamente gratuito para todos
¿Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
Intermodalidade con outros modos sustentables para alimentar as liñas de transporte público
Un paso previo imprescindible é a xerarquización viaria