UB04 SOMBREADO ESTACIONAL
Instalacións de protección fronte ao sol en espazos libres durante os meses cálidos
Obxectivo
Garantir un sombreado mínimo en zonas de estancia ou tránsito, durante os meses cálidos. Esta estratexia contribúe non só a mitigar os efectos da illa de calor minimizando a incidencia directa da radiación solar, senón que favorece o aproveitamento do espazo público ao mellorar as súas condicións de confort.
Por que?
Debemos considerar el confort en espacios libres públicos o privados como un valor a favor de la sostenibilidad, ya que el bienestar de las personas contribuye directamente a mejorar la calidad de vida, su productividad y las relaciones sociales. El escenario previsto para los próximos años, afectado por el cambio climático, nos muestra un aumento de las temperaturas máximas que harán cada vez más difícil el uso del espacio público en determinados días del año.
O confort térmico no espazo público ten unha repercusión directa sobre a mitigación do cambio climático grazas á redución das temperaturas
a nivel de rúa. Isto significa que, na medida en que unha cidade vaia aumentando a cantidade de espazos urbanos confortables, haberá unha
redución do calor emitido á atmósfera. Por outra parte, as condicións térmicas dos espazos urbanos inciden sobre as condicións da contorna
dos edificios, repercutindo sobre o consumo enerxético de climatización e as correspondentes emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
Como?
A estes efectos, consideraranse as sombras proxectadas pola propia edificación, a vexetación de porte alto e todos os elementos deseñados
para tal fin como toldos e pérgolas. Débese ter en conta que, se ben se prioriza o sombreado nos meses máis calurosos do ano, isto non
debería obstaculizar o acceso da radiación solar durante os meses máis fríos. Nas nosas latitudes, isto é moi importante, de maneira que
os sistemas máis eficaces para os obxectivos establecidos son os practicables ou desmontables, ou que funcionen naturalmente con esa
premisa, coma as árbores de folla caduca.
Os sistemas máis habituais son:
• a arboreda de porte e folla caduca
• os emparrados o espaleiras de plantas rubideiras ou outras especies que precisen soporte para se desenvolver
• as láminas textís tensadas con ETFE, PES/PVC, GLASS/PTFE
• as velas enrolables
• os toldos horizontais móbiles
• os paneis con lamas metálicas ou de madeira, móbiles, desmontables ou fixas
• os elementos vexetais ou de madeira que formen unha superficie lixeiramente tépeda e
• as cubertas lixeiras con materiais de baixo albedo (ver ficha UB06)
O mellor sistema de sombreado estacional é o que ofrecen naturalmente as zonas con plantación de arboredo de folla caduca que usamos en prazas e avenidas e que, ademáis, permiten que se combinen con diferentes solucións sustentables. No caso de aplicarmos solucións con elementos textís, hai que considerar que, en determinadas condicións climáticas, polo alto grao de humidade media, é preciso seleccionar
adecuadamente o material e a cor.
►Método de medición / Formula
Determínase mediante a porcentaxe de superficie sombreada a respecto do total de superficie destinada a zonas estanciais:
ISest = (Sup. sombra / Sup. total) · 100
Sup. sombra = a superficie en sombra
Sup. total = a superficie total do ámbito.
O cálculo realizarase para as horas centrais (12 do mediodía a 5 da tarde, hora solar) dos días máis calurosos do ano (xuño, xullo, agosto e
setembro). Recoméndase ampliar este intervalo horario en función do uso do espazo público analizado.
Se consideramos itinerarios peonís, determínase calculando a porcentaxe de itinerario sombreado a respecto do itinerario total por rúa:
ISip = (m sombra / m rúa) · 100 (%)
msombra = os metros lineais de percorrido en sombra mrúa = a lonxitude da rúa medida ao longo do seu eixo. Establécese que o largo de
sombra debe ser de polo menos 1,20 metros ou, en beirarrúas máis estreitas, o largo total da beirarrúa.
Cómpre considerar o índice de densidade de sombra (IDS) para asegurarmos que os elementos de asombreamento elixidos produzan suficiente sombra tanto en áreas estanciales como en itinerarios do espazo público.
O índice de densidade de sombra (IDS) determínase mediante o cálculo da transmitancia óptica para elementos artificiais ou mediante o
índice de área foliar (LAI, leaf area index) para a arboreda.
A transmitancia óptica expresa a porcentaxe de radiación incidente que atravesa un elemento calquera:
To = (R incidente / R emitida) x 100 (%)
Sendo R incidente a radiación solar incidente no material e R emitida a radiación que este emite á zona cuberta.
Os valores de transmitancia óptica deben ser subministrados polo fabricante do material ou, no seu defecto, calculados ou aproximados polo
equipo proxectista. No anexo preséntanse os rangos de valores máis comúns segundo o material empregado.
O índice de área foliar (LAI) describe a superficie total de follas superpostas nunha planta proxectada sobre o chan (m2/m2). Subminístrase
unha relación de valores medios para un amplo conxunto de especies vexetais no anexo.
Valores de referencia:
Para validar unha determinada cobertura como elemento de sombra para o cálculo do índice de asombramento en zonas estanciais e do
índice de asombramento en itinerarios peonís, esta deberá cumprir un índice de sombra IDS tal que: IDS ≤ 0,20
Para os efectos de poder considerarse unha árbore como elemento de sombra ésta deberá cumprir un LAI tal que: LAI > 4
Proposta para sombreado estacional entre Vello Carcere e o Seminario Mayor. 2004. Arquitectos: A.González Rodríguez, M.López Guitar, Jorge Salvador. Fernández J. Bouza Fernández, M.Cortón Muinelo.
Instalación desmontable. www.cancerfonden.se
Avenida de Ramón Ferreiro de Lugo no invierno. Fuente: http://lugo.gal
Intervenciones a escala de rúa
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
Superficie sombreada en zonas estanciais
Unidade
ISest (%)
Obxectivo mínimo
ISest ≥ 80 % da superficie total
Obxectivo desexable
ISest ≥ 100 % da superficie total
Método de medición / Formula
Detállase no corpo do texto desta ficha. Ademais, debe verificarse a adecuación do índice de densidade de sombra.
ISest = [A / B] x 100
A: Superficie sombreada (m2)
B: Superficie total (m2)
Nivel de Planeamento
Proxecto de construcción
Proxecto de urbanización
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración
Redacción da normativa en consecuencia con esta estratexia.
¿Qué debemos ter en conta para a súa implementación?
A creación de espazos libres adaptados á climatoloxía do lugar está en estreita relación coa posición da edificación. Polo tanto, é básico estudar a ordenación considerando paralelamente a optimización da posición dos edificios coa dos espazos libres.