UB03 SOLEAMIENTO DE ESPACIOS LIBRES
Configuración dos espazos libres para optimizar o confort térmico
Obxectivo
Mellorar o confort térmico dos usuarios nos espazos públicos. Redúcese indirectamente a necesidade de implantar sistemas de acondicionamento e redúcense as emisións de gases de efecto invernadoiro e o consumo de enerxía.
Por que?
Habitar en espazos adecuados repercute na saúde, eficiencia e produtividade. Por outra parte, as condicións térmicas no espazo público tamén ten unha repercusión sobre a mitigación do cambio climático grazas ao axuste das temperaturas. En inverno, reduce a proliferación de sistemas de aclimatación que se instalan en actividades de hostelaría en zonas exteriores. En menor medida nunha cidade pequena coma Lugo, no verán, se os espazos urbanos no favorecen a aparición da illa de calor, producirase unha redución do calor emitido á atmósfera. Por outro lado, as condicións exteriores son un dato de partida no cálculo dos sistemas de acondicionamento térmico nos interiores da edificación.
Esta solución non é fácilmente cuantificable mediante indicadores inmediatos coma o consumo de enerxía ou as emisións de gases de efecto invernadoiro pola influencia de diferentes variables. Mais incide en aspectos sociais e de habitabilidade que non se tratan neste catálogo, pero son esenciais se afrontamos a intervención na cidade desde parámetros de sustentabilidade.
Como?
► O clima e a configuración do lugar
O primeiro paso é coñecer os parámetros do lugar. As condicións de confort nun determinado espazo público –praza, rúa ou zona verde– dependen da forma dos volumes que o rodean, da orientación e de como eses parámetros se relacionan coas variables climáticas do lugar. De todas elas, considerando as que son susceptibles de ser corrixidas e as que son máis relevantes para o caso de Lugo, podemos estudar a temperatura e o vento e, en consecuencia, tomar decisións en fase de deseño (o anexo I contén unha aproximación ao estudo do clima).
• A exposición á radiación solar é o factor que vai ser determinante fronte ao resto e que, en moitos casos, será o que establecerá a mellor localización dos espazos abertos e o seu maior uso, a pesar de que os días nubrados sexan abundantes en Lugo.
• Uso de proteccións solares desmontables ou vexetación caduca para o sombreado nos meses do verán, especialmente se consideramos o escenario de cambio climático. Tamén pode ser desexable que haxa zonas especialmente acondicionadas para cada unha das estacións (véxase ficha UB04).
• Contar coa temperatura radiante dos paramentos verticais que irradian o calor acumulado durante as horas de sol (véxase ficha UB05)
• Protección fronte ao vento en meses fríos e consideralo a favor no verán. O estudo do vento merece unha análise detallada en función da localización exacta e a influencia dos edificios da contorna.
• Avaliar o efecto da néboa matinal na elección da orientación.
Para a análise da forma do lugar de estancia hai aplicacións de software apropiadas para definila e simular as sombras proxectadas para cada día do ano nunha localización xeográfica precisa.
► O benestar
Pero ademais das condicións climáticas e a configuración do espazo, cando se fala do benestar ou confort en espazos exteriores, existen tres factores determinantes, que son o tipo de usuario, a actividade que estea realizando e o arroupamento, que é o grao de protección ou exposición ao clima que supon a cantidade de roupa que vista. As tres variables matizan o grao de adaptación.
As diferentes ferramentas de aproximación ao estudo do benestar en espazos exteriores teñen en conta estes parámetros.
A actividade determina o grao de metabolismo ou calor disipado, que é maior canto máis activo sexa o traballo, dende os 15 W dunha persoa sentada aos 440 W dunha persoa facendo un traballo duro pasando polos 160 W disipados por unha persona ao caminar.
As consideracións do arroupamento débense ter en conta para diferenciar as zonas de confort do inverno, a primavera, o verán e o outono. Para medir este índice de indumento, úsase a unidade clo. No inverno, pártese dun valor de 1,50 clo, na primavera e no outono, 1,00 clo e, no verán, 0,50 clo.
Estas consideracións establecen as diferenzas relativas segundo as épocas do ano, de forma que haberá unha zona de confort invernal, outra estival, e outra intermedia para o outono e a primavera. Cada zona de confort determina cales son os requerimentos específicos para o confort nesa estación e as estratexias necesarias desde a planificación urbana para lograr un desenvolvemento futuro máis adecuado co medio natural e climático do lugar.
►As ferramentas
No anexo I, coméntanse diferentes ferramentas de análise do clima en espazos exteriores, do confort e de visualización de sombras. Para a análise do clima e a proposta de estratexias, as máis sinxelas mostran climogramas baseados en follas de cálculo. O de Olgyay ou o de Benestar Adaptado de F. Javier Neila son aplicables a estudos de espazos exteriores, mentres que o de Givoni está máis orientado ao interior dos edificios.
Para a visualización do efecto das sombras tamén hai aplicacións sinxelas de aproximación nas primeiras fases do proxecto que se usan neste documento. Para unha análise máis exhaustiva, existen ferramentas máis complexas no mercado.
Aplicación Dynamic Overshadowing. Fonte: http://andrewmarsh.com/software/#processing
Praza interior en barrio residencial. Ningbó. China. Fonte: José Manuel M.
Grafico de isopletas para a cidade de Lugo nun escenario de cambio climático estimado para el año 2050, que indica as estratexias a aplicar por horas no día-tipo de cada mes. Climograma de Benestar Adaptado de F.Javier Neila
Grafica de resultados da aplicación BAT. Víctor Armando Fuentes Freixanet e Julio Cesar Rincón Martínez. UAM.
Intervencións a escala de rúa
Sobre que actúa
Combinación con outras solucións
Elementos de medida
Indicador
% de superficie asollada da zona delimitada como espazo público proxectado como lugar de estancia no inverno, na que se consiguen polo menos catro horas de sol durante as horas centrais do día na situación máis desfavorable (solsticio de inverno). Ás 12,00 horas é cando se produce a máxima altura solar, polo que se considera suficiente ter a área soleada polo menos desde as 10,00 ata as 14,00 horas. Asi queda garantido o 75% da radiación solar posible.
Unidade
%
Obxectivo mínimo
50 % de la superficie total
Obxectivo desexable
100 % de la superficie total
Método de medición / Formula
Recoméndase o uso de aplicacións de software de visualización de sombras coma o Sketchup, Dynamic Overshadowing ou calquera programa de CAD ou BIM, no que se poidan cruzar os datos climáticos e verificar as horas de sol cada día do ano
% = [A / B] x 100
A: Superficie soleada (m2)
B: Superficie total (m2)
Nivel de Planeamento
PXOM
Plan Parcial
Plan Especial
Axentes implicados
Técnicos da Administración Local
Equipo de deseño e planificación
Posibles actuacións impulsadas pola administración
Redacción da normativa de edificación como consecuencia desta estratexia. Considerar o exemplo doutras ordenanzas bioclimáticas como a de Tres Cantos. Madrid.
Que debemos ter en conta para a súa aplicación?
Proxectar a posición da edificación en relación cos espazos libres que se xeran entre eles para que estes tamén estean adecuadamente orientados.